Con fondo pesar, comunicamos a nova do pasamento por un cancro
do noso camarada Xosé Portela o dia 4 de xullo. Un camarada
indispensábel na solidariedade galega coa Guerra Popular na India e a
loita dos presos políticos, en especial do profesor GN Saibaba. En nome
do Comité Galego de Apoio a Guerra popular na India queremos mostrar as
nosas condolencias máis fraternas á súa familia e amigos e amigas.
Facemos nosas as palabras do noso camarada Adolfo Naya, publicadas no
seu Facebook:
“Honra e Gloria ao camarada Xosé Portela!
Onte, sábado 4 de xullo, recibimos a nova que ninguén quería escoitar, a da morte por un maldito cancro do noso compañeiro, camarada e amigo Xosé Portela.
Dicía o Presidente Mao Tse-tung que: “Em nenhum momento e em nenhuma circunstância um comunista deve colocar seus interesses pessoais em primeiro plano; pelo contrário, ele deve subordiná-los sempre aos interesses da nação e das massas populares. É por isso que o egoísmo, o relaxamento no trabalho, a corrupção, o exibicionismo, etc. merecem o maior dos desprezos; enquanto a entrega desinteressada, o ardor no trabalho, a devoção à causa pública, o esforço intenso e tenaz merece todo o respeito.”
Non hai mellor definición para falar do camarada Xosé. El era un verdadeiro comunista. Nos seus últimos días no hospital, estaba mais preocupado pola súa familia, polos seus compañeiros e compañeiras e polas loitas que se viven en todo o mundo que por el mesmo, dando un exemplo de dignidade e enteireza, que só persoas forxadas na loita poden mostrar.
El sempre estaba preocupado pólos demais, sempre disposto axudar e a loitar polas causas xustas, servindo ao pobo de todo corazón. Dende a súa militancia clandestina nos anos 70 no MC, onde fixo unha transformación persoal seguindo as ensinanzas do Presidente Mao Tse-tung, ate o seu activismo sindical na CUT, sempre sen renunciar aos seus ideais revolucionarios. Foi un activista social sempre na primeira liña e o cronista gráfico, cós seus carteis dos movementos sociais, da última década na cidade da Coruña.
Dende o 15M de Monte Alto ao conflito da Torre de Hércules, dende A Coruña en Loita até o Movemento de Loita Popular, dende Stop desafiuzamentos a Elviña non se vende, dende o C.S. A Comuna até Acción Antifascista, pasando pola solidariedade coa revolución na India ou a Liga de Camponeses Pobres do Brasil. Sempre disposto a axudar e a loitar, sempre incansábel, sen querer ningún protagonismo nin recoñecemento. Un verdadeiro exemplo do que ten que ser un comunista.
Hoxe choramos pola perda dun gran amigo, compañeiro e camarada, mas ficamos coa súa praxe comunista, as súas ensinanzas e o seu gran corazón solidario, para continuar o seu soño, que é o noso, un novo mundo sen explotación, opresión, patriarcado e racismo.
Grazas camarada por ser así, seguiremos o teu exemplo até a vitoria!
Camarada Xosé presente na loita!”

No hay comentarios.:
Publicar un comentario