El Comité de Construcción del Partido Comunista maoísta de Galicia da un enérgico llamado para el cese de las actividades económicas y sociales totales en Galicia y el resto del estado español. Siendo así que la huelga general se desarrolle en las calles en defensa de los derechos del pueblo y muestre contundencia contra la corrupta dictadura de los fascistas y la oligarquía.
- - - - -
Ao pobo traballador galego:
O goberno corrupto e represor do P.P. coa
complicidade doutros partidos, os social-traidores do PSOE e os "legalistas" de
IU e Podemos, esta a preparar a intervención da Autonomía de Catalunya, co
artigo 155, para tratar de atallar a proclamación polo Parlament da República
de Catalunya.
Coas imaxes da represión da consulta do
1º de outubro diante de nos, do pobo
galego e demais pobos que fan parte na actualidade do Estado español (caduco e
agonizante réxime monarco-fascista imposto no ano 1978 nuha parodia de
democracia) podemos afirmar que só a defensa activa a todos os niveis dos
Dereitos do Pobo, esto é a ofensiva das masas traballadoras, pode esmagar os
negros sonos da oligarquía fascista e dos seus aliados de perpetuar este odioso
réxime opresor herdeiro directo do fascismo.
Agora mesmo non teñen capacidade para reprimir
a xusta indignación das masas de traballadores e traballadoras dos diversos pobos sen estado e demais pobos
do EE fronte a súa xeira represora e ditatorial.
É o momento de pasar a ofensiva !
Ainda que sabemos da carencia de organizacións
proletarias fortes e consolidadas, confiamos plenamente nas masas de obreiros,
campesiños, estudantes e intelectuais progresistas, homes e mulleres que estarán
a altura dos históricos acontecementos que estamos a vivir.
Polo mesmo facemos un enerxico chamado a
paralización total das actividades económicas e sociais na Galiza e no resto do Estado español, nunha
grande Folga Xeral e amosar nas rúas a defensa dos nosos dereitos como clase e
como pobo.
Pola
Folga Xeral Revolucionaria contra a ditadura corrupta dos fascistas e da oligarquía!
Abaixo
a monarquía Borbón-franquista!
Viva a
Republica Popular da Galiza!
Viva a República
popular de Catalunya!
Guerra
Popular ata o Comunismo !
Galiza, 02.10.17
Comité
de Construción do PC-maoísta da Galiza.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario